lunes, 7 de mayo de 2007

A LUZ ELÉCTRICA, A TELEVISIÓN, A MÁQUINA DE COSER E FIAR, NO POBO

Meu avó, Don Manuel Lence Tallón nacido en Cellán de Calvos (Castroverde) en 1922. É fillo de dous agricultores, que dedicaron toda a súa vida o traballo do campo. Actualmente ten 84 anos é esta xubilado. Estívome falando da luz eléctrica, da máquina de coser e da de fiar.

El contoume que na casa onde naceu, a luz eléctrica fora instalada no ano 1942.
A súa instalación supuxo para a súa familia deixar de usar os candís de gas e a luz de carburo. Foi un gran avance. Pero tamén tiña o seus inconvintes; segundo meu avó, porque as condicións da súa instalación eran moi rudimentarias.
Nos seus inicios viñan tres cables de cobre descubertos ata o transformador, do cal saían tres fases e un neutro. Despois cando chegaron o pobo os catro cables repartíanse as tres fases entre as casas. Agora os cables estan suxeitos a postes de pino ou cemento, pero antes eran de castiñeiro.



Despois co paso dos anos os cables ían floxando e cando facía aire xuntábanse as fases e como os cables estababn descubertos nalgunhas casas quedábanse sen luz e en ocasións queimabanlles os electrodomésticos. Así estivo ata que cambiaron os cables polos que hai agora, xa cubertos.







Depois disto contoume como apareceu a primeira máquina de coser, segundo meu avó tróuxoa miña bisavoa para a casa del cando casou, no ano 1920.



A súa aparición fixo que se fora deixando de coser só coas mans e se empezara a coser cunha máquina destinada a ese oficio.



As súas características eran moi básicas, é dicir só cosía, a diferenza das máquinas de coser de agora que bordan, fan subrilados e todo tipo de cosidos.





Meu avó tamén me contou cando apareceu na súa casa unha máquina de fiar. Según el foi feita no ano 1951 por encargo a un carpinteiro. Era usada para fiar a lá coa que despois se facían xerseis, calcetíns e chaquetas.














Despois de todo o que me contou meu avó, non se me podía esquecer preguntar sobre a televisión. Da cal lle preguntei a miña nai, Doña Purificación Lence Besteiro que naceu en Cellán de Calvos (Castroverde), no ano 1957. Actualmente ela ten 50 anos.



Segundo miña nai a primeira televisión que houbo na súa casa era en branco e negro e apareceu no ano 1979.

A súa aparición supuxo que deixara ela e os seus pais de ir a vela televisión a un teleclub que había nun pobo veciño ou a algunhas casas do pobo que a tiñan.

Era unha televisión pequena que só collía catro cadenas como máximo, para captar a señal tiña uns cornos que se ían movendo segundo as cadenas que quixeses ver, os cornos colocabanse enrriba dela.

Máis tarde a televisión que se comprou xa era a cor e xa funciaonaba cunha antena, posta no tellado da casa. Esta primeira televisión que houbo na casa de miña nai todavía funciona e era e é dunha marca que todavía existe (PHILPS).